Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Martes, 21 de outubro de 2014 Páx. 44980

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 23 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, pola que se fai pública a notificación da resolución dun expediente tramitado por esta entidade (2000/109-5).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 13, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente nesta xefatura territorial.

O interesado poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que por quenda corresponda, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto no artigo 780 da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Os correspondentes expedientes constan no Servizo de Familia e Menores da Xefatura Territorial en Vigo da Consellería de Traballo e Benestar.

Nº expediente: 2000/109-5.

Interesada: Guadalupe Molanes Sotelo.

Enderezo: descoñecido.

Asunto: notificación dunha resolución administrativa do 12 de agosto de 2014.

Vigo, 23 de setembro de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo