Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 20 de outubro de 2014 Páx. 44788

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (654/2014).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber:

«Sentenza.

A Coruña, 22 de setembro de 2014.

Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 654/2014 seguidos por instancia de Juan Marcos Vázquez López asistido polo letrado Pedro Pedreira Candal, contra a empresa Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., administrador concursal Jesús Antonio Vázquez Pérez e Fogasa que non comparecen, sobre despedimento.

Decido:

Que debo estimar e estimo a demanda e debo declarar e declaro improcedente o despedimento do que o demandante foi obxecto, e condeno a empresa Montajes Eléctricos García Bouzas, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante, procedendo a aboarlle os salarios de tramitación desde a data de despedimento ata a notificación da presente sentenza a razón de 53,14 euros diarios, ou ao aboamento dunha indemnización de 8.117,13 euros. Así mesmo, debo absolver e absolvo ao Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncio, mando e asino».

Para que conste e para inserir no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación a Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, salvo as que revistan a forma de emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 30 de setembro de 2014

A secretaria xudicial