Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 20 de outubro de 2014 Páx. 44774

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Calidade Alimentaria

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (Diario Oficial de Galicia núm. 136, do 14 de xullo) impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Calidade Alimentaria no segundo cuadrimestre do ano 2014 que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2014s

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director do Instituto Galego da Calidade Alimentaria

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Sinatura

Informe

Achega Ingacal

Consello regulador da Indicación xeográfica protexida Lacón Gallego e Ingacal

Convenio de colaboración entre o Consello Regulador da Indicación xeográfica protexida Lacón Gallego e Ingacal para a prestación de servizos de control e certificación

1.4.2014

8.6.2010

Sen obriga económica

Universidade de Santiago de Compostela e Ingacal

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto Galego da Calidade Alimentaria para a realización de prácticas externas (curriculares e extracurriculares) de alumnos das titulacións de grao e máster da USC

26.6.2014

4.6.2014

Sen obriga económica