Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 20 de outubro de 2014 Páx. 44775

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do terceiro exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 7 de outubro de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 4 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 33, do 18 de febreiro), modificada polas ordes do 25 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 42, do 3 de marzo) e do 6 de marzo de 2014 (Diario Oficial de Galicia nº 55, do 20 de marzo), para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de inspección urbanística, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, que o terceiro exercicio da oposición terá lugar o día 23 de outubro de 2014 e que o lugar de realización será na Escola Galega de Administración Pública de Santiago de Compostela nas aulas 7 e 8, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2014

Patricia Tabarés Obenza
Presidenta do tribunal