Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 20 de outubro de 2014 Páx. 44776

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2014, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala superior de estatísticos/as, pola que se lles dá publicidade a diversos acordos referentes ao cuarto exercicio do proceso selectivo.

En sesións que tiveron lugar os días 25 de setembro e 7 de outubro de 2014, o tribunal designado pola Orde do 4 de febreiro de 2014 (DOG núm. 33, do 18 de febreiro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala superior de estatísticos/as,

ACORDOU:

Primeiro. Que de conformidade co disposto na base II.1.1.4 da convocatoria, superaron o cuarto exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de cincuenta (50) puntos.

Segundo. Realizar os trámites oportunos para a publicación das puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao cuarto exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración da Xunta de Galicia (subgrupo A1), escala superior de estatísticos/as, na Escola Galega de Administración Pública, no taboleiro de anuncios do Servizo de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que estimen oportunas con relación ás puntuacións no prazo de 10 días a contar desde o seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2014

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal