Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 20 de outubro de 2014 Páx. 44772

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 2014 pola que se modifican os prazos de xustificación das subvencións a organismos de investigación de Galicia para a creación, posta en marcha e impulso de unidades mixtas de investigación e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

O 18 de xuño de 2014 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 10 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a organismos de investigación de Galicia para a creación, posta en marcha e impulso de unidades mixtas de investigación e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

O artigo 22.2 da Resolución do 10 de xuño de 2014 establecía os seguintes prazos de xustificación:

Prazos de presentación da documentación:

Ano 2014

30 de novembro de 2014

Ano 2015

31 de outubro de 2015

Ano 2016

31 de outubro de 2016

Ano 2017

31 de outubro de 2017

Períodos de realización de gastos (emisión de facturas) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Ano 2014

Unidades mixtas de nova creación: desde a data de sinatura do acordo de constitución da unidade mixta (artigo 4.3) ata o 30 de novembro de 2014

Unidades mixtas xa existentes: desde a data de sinatura do compromiso de impulso/consolidación da unidade mixta (artigo 4.3) ata o 30 de novembro de 2014

Ano 2015

Desde o 1 de decembro de 2014 ata o 31 de outubro de 2015

Ano 2016

Desde o 1 de novembro de 2015 ata o 31 de outubro de 2016

Ano 2017

Desde o 1 de novembro de 2016 ata o 31 de outubro de 2017

Tendo en conta o atraso producido na resolución das devanditas axudas, motivado pola complexidade das solicitudes presentadas e polo proceso de avaliación destas, e co fin de viabilizar os procesos de execución e xustificación das axudas concedidas para o ano 2014 por parte dos beneficiarios resultantes e dado que non causa prexuízo a terceiros, considérase necesario ampliar o prazo de xustificación para o ano 2014 establecido no artigo 22.2 da convocatoria, e de acordo con isto,

DISPOÑO:

Artigo único

Modifícase o artigo 22.2 da Resolución do 10 de xuño de 2014, que queda redactado do seguinte xeito:

Prazos de presentación da documentación:

Ano 2014

20 de novembro de 2014

Ano 2015

31 de outubro de 2015

Ano 2016

31 de outubro de 2016

Ano 2017

31 de outubro de 2017

Períodos de realización de gastos (emisión de facturas) e realización de pagamentos dos gastos executados:

Ano 2014

Unidades mixtas de nova creación: desde a data de sinatura do acordo de constitución da unidade mixta (artigo 4.3) ata o 20 de novembro de 2014

Unidades mixtas xa existentes: desde a data de sinatura do compromiso de impulso/consolidación da unidade mixta (artigo 4.3) ata o 20 de novembro de 2014

Ano 2015

Desde o 21 de novembro de 2014 ata o 31 de outubro de 2015

Ano 2016

Desde o 1 de novembro de 2015 ata o 31 de outubro de 2016

Ano 2017

Desde o 1 de novembro de 2016 ata o 31 de outubro de 2017

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2014

Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación