Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 20 de outubro de 2014 Páx. 44755

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2014, da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos e de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación.

Conforme o establecido no artigo 21 da Orde do 22 de maio de 2014 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos e de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, unha vez ultimada a concesión de axudas, públicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía, país de execución do proxecto e finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Públicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas por Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 31 de xullo de 2014, de conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 22 de maio de 2014 (DOG número 102, do 30 de maio) para a execución de:

– 18 proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior polas organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD), por un importe global dun millón douscentos noventa e sete mil douscentos dous euros (1.297.202,00 €), nas contías, beneficiarios, finalidade, país de execución e aplicacións orzamentarias que se relacionan no anexo I desta resolución.

– 6 proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior polos outros axentes de cooperación (universidades, sindicatos, empresas ou organizacións empresariais e comunidades galegas no exterior) por un importe global de trescentos corenta e sete mil trescentos noventa e tres euros (347.393,00 €), nas contías, beneficiarios, finalidade, país de execución e aplicacións orzamentarias que se relacionan no anexo II desta resolución.

– 1 microproxecto de cooperación para o desenvolvemento no exterior polas organizacións non gobernamentais de cooperación ao desenvolvemento (ONGD), por un importe de quince mil catrocentos vinte nove euros (15.429,00 €), nas contías, beneficiarios, finalidade, país de execución e aplicacións orzamentarias que se relacionan no anexo III desta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2014

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO I

Capítulo I: axudas para proxectos de cooperación no exterior polas ONGD.

Nº de expediente

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

País de execución do proxecto

Orzamento total do proxecto

Subvención concedida

Subvención total

Capítulo IV

Capítulo VII

PR 803 D 2014/42

Enxeñería sen Fronteiras

Promoción do dereito á alimentación, soberanía alimentaria e gobernanza local, a través do fortalecemento das capacidades de campesiños e campesiñas nos municipios de San Lorenzo e Nacaome, departamento de Valle, Honduras

Honduras

79.741,00

69.831,00

58.561,00

11.270,00

PR 803 D 2014/29

Enxeñería sen Fronteiras agrupada coa Universidade da Coruña

Fortalecemento das capacidades locais e da participación comunitaria para mellorar o acceso ao dereito a auga potable e saneamento a través da xestión integrada do recurso hídrico, nos 7 municipios da mancomunidade Nasmar, Honduras

Honduras

126.865,32

99.095,00

83.211,00

15.884,00

PR 803 D 2014/40

Farmacéuticos Mundi

Fortalecemento da pertinencia cultural e da integralidade da atención en saúde sexual e reprodutiva das mulleres indíxenas en 3 municipios do departamento do Quiché, Guatemala

Guatemala

55.167,67

49.725,00

36.074,00

13.651,00

PR 803 D 2014/4

Manos Unidas

Desenvolvemento de sistemas asociativos, produtivos e comerciais alternativos priorizando a soberanía alimentaria e o respecto ao ambiente con principios de equidade de xénero en Esmeraldas, Ecuador (primeira fase)

Ecuador

289.281,66

49.939,00

26.033,00

23.906,00

PR 803 D 2014/14

Asemblea de Cooperación por la Paz

Mellora das condicións de saneamento básico e ambientais dos 256 habitantes (127 homes y 129 mulleres) da comunidade km 1, municipio de Restauración, provincia de Dajabón, rexión fronteiriza de República Dominicana e Haití

República Dominicana e Haití

79.130,21

70.000,00

50.853,00

19.147,00

PR 803 D 2014/17

Fundación Intered

Mellora da calidade educativa no barrio Carlos Laborde da cidade de Santa Cruz de la Sierra, Bolivia, a partir dunha proposta pedagóxica alternativa

Bolivia

89.508,07

65.971,00

59.718,00

6.253,00

PR 803 D 2014/19

Fundación Entreculturas Fe y Alegría

Fortalecendo a Educación Técnica Agropecuaria no Instituto Básico Rural Agropecuario, IBRA, en Somotillo, Nicaragua

Nicaragua

84.329,51

62.643,00

54.493,00

8.150,00

PR 803 D 2014/2

Arquitectos sin Fronteras

Mellora das condicións de acceso a un hábitat domiciliar saudable da poboación máis vulnerable do departamento de Retalhuleu, Guatemala, con énfases nas mulleres viúvas ou solteiras, a través dun proceso colaborativo entre comunidades, autoridades municipais, organizacións sociais e cooperativas

Guatemala

86.977,00

70.000,00

29.925,00

40.075,00

PR 803 D 2014/6

Fundación Fabre

Reducidos os factores de vulnerabilidade de comunidades indíxenas, para exercer o dereito á alimentación, no municipio de Poroma, Bolivia

Bolivia

109.611,36

69.852,00

41.632,00

28.220,00

PR 803 D 2014/31

Fundación Taller de Solidaridad agrupada con Fundación Entreculturas Fe y Alegría

Fortalecemento e desenvolvemento de capacidades para a xeración de valor engadido nos distritos de Ocongate, Ccatcca, Andahuaylillas y Quiquijana, Cusco, Perú

Perú

117.163,76

99.896,00

87.924,00

11.972,00

PR 803 D 2014/9

Fundación Cume

Fortalecemento da seguridade alimentaria de 8 comunidades aymaras de La Paz mediante a incorporación de innovacións agropecuarias economicamente accesibles ao pequeno produtor, a dinamización social dos grupos de mulleres e o maior consumo de alimentos nutritivos

Bolivia

109.835,06

67.942,00

32.676,00

35.266,00

PR 803 D 2014/15

Asemblea de Cooperación por la Paz agrupada con Agareso

Mellora das condicións técnicas e materiais para o aproveitamento responsable dos recursos pesqueiros, ecoturísticos e ambientais dos municipios de San Luis La Herradura e Tecoluca, O Salvador

El Salvador

105.492,29

100.000,00

72.794,00

27.206,00

PR 803 D 2014/16

Fundación Humanismo y Democracia

Ampliación da oferta educativa técnico-profesional para os habitantes de Bajos de Haina

República Dominicana

97.128,00

69.500,00

10.500,00

59.000,00

PR 803 D 2014/11

Unicef

Mellora do acceso aos servizos de saúde de mulleres embarazadas e neonatos das redes de saúde de Ivirgarzama, Sacaba e Villa Tunari, Bolivia

Bolivia

195.163,91

70.000,00

70.000,00

PR 803 D 2014/28

Fundación Balms para la Infancia agrupada con Fundación Taller de Solidaridad

Fortalecemento dos programas desenvolvidos por Canat, como medio para a incidencia pública e o desenvolvemento integral de nenos, nenas e adolescentes de Piura en situación de exclusión e vulnerabilidade. Perú

Perú

139.909,02

75.729,00

75.729,00

--------

PR 803 D 2014/25

Fundación Tierra de Hombres-España

Protección da infancia vulnerable en Grand Goave, Haití

Haiti

73.871,00

67.079,00

67.079,00

--------

PR 803 D 2014/12

Unicef

Cambio social para a protección das nenas e adolescentes na rexión de Maradí, Níxer

Níxer

275.000,00

70.000,00

70.000,00

--------

PR 803 D 2014/48

Fundación Oxfam Intermon

Formación e empoderamento de mulleres populares para a construción de novas cidadanías en Perú

Perú

281.766,57

70.000,00

70.000,00

--------

Total

1.297.202,00

997.202,00

300.000,00

ANEXO II

Capítulo I: axudas para proxectos de cooperación no exterior polos outros axentes de cooperación.

Nº de expediente

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

País de execución do proxecto

Orzamento total do proxecto

Subvención concedida

(capítulo IV)

PR 803 D 2014/41

Icarto-Innovación, Cooperación, Cartografía e Territorio, S.L.

Fortalecemento das capacidades técnicas da administración rexional responsable do recurso hídrico ARA-Norte no ámbito dos Sistemas de Información Xeográfica e da Hidroxeoloxía. Fase II (Mozambique)

Mozambique

57.009,50

50.959,00

PR 803 D 2014/22

Anfaco agrupada con Escaes Perú

Desenvolvemento de capacidades técnicas con boas prácticas produtivas e de comercialización con enfoque de xénero e ambiente en pescadores, mariscadores e as súas familias, do litoral de Sechura (Piura, Perú)

Perú

130.861,40

75.671,00

PR 803 D 2014/46

Rural Consulting, S.L.

Desenvolvemento turístico da cidade de Pemba. Mozambique

Mozambique

27.673,00

26.273,00

PR 803 D 2014/1

Universidade de Santiago de Compostela (Facultade de Psicoloxía-Departamento de Psicoloxía Clínica Psicobioloxía)

Ampliación das oportunidades de reinserción social de adolescentes que cumpren medidas xudiciais no Perú

Perú

73.685,91

69.999,00

PR 803 D 2014/20

Universidade de Santiago de Compostela (Escola Politécnica Superior-Campus de Lugo) agrupada coa Universidad da Coruña (CartoLAB-Laboratorio de Enxeñería Cartográfica)

Ecuador, territorio intelixente: consolidación de Innovación, Desenvolvemento, Investigación e Transferencia (I+D+i+T) en Ordenación do Territorio e Tecnoloxías da Información Xeospacial. Fase II

Ecuador

105.796,52

99.379,00

PR 803 D 2014/7

Universidade de Santiago de Compostela (Escola Politécnica Superior-Campus de Lugo)

Programa de formación e innovación educativa para estudos de posgrao en agricultura e medio ambiente en Centroamérica

Centroamérica

29.612,00

25.112,00

Total

347.393,00

ANEXO III

Capítulo II: axudas para microproxectos de cooperación no exterior polas ONGD.

Nº de expediente

Entidade solicitante

Denominación do microproxecto

País de execución do proxecto

Orzamento total do proxecto

Subvención concedida

(capítulo IV)

PR 804 B 2014/1

Miradas al Mundo

Proxecto integral de educación infantil en Varela (Guinea Bissau)

Guinea Bissau

29.599,12

15.429,00