Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Luns, 20 de outubro de 2014 Páx. 44752

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 15 de maio de 2014 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos para actividades de educación para o desenvolvemento e para a consolidación e fortalecemento das organizacións non gobernamentais de desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Conforme o establecido no artigo 21 da Orde do 15 de maio de 2014 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos para actividades de educación para o desenvolvemento e para a consolidación e fortalecemento de organizacións non gobernamentais de desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2014, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas por Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 23 de xullo de 2014, de conformidade coa disposición adicional primeira da Orde do 15 de maio de 2014 (DOG número 97, do 22 de maio) para a execución de:

– 10 proxectos para actividades de educación para o desenvolvemento por un importe total de douscentos noventa mil catorce euros (290.014,00 €), nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo I desta resolución.

– 8 proxectos para axudas para a consolidación e o fortalecemento de ONGD por un importe total de cento setenta e seis mil douscentos setenta e seis euros (176.276,00 €), nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo II desta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2014

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO I

Capítulo I: axudas para actividades de educación para o desenvolvemento.

Nº de expediente

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Coste total do proxecto

Subvención condedida

Anualidade 2014

Anualidade 2015

2014-6

Fundación Entreculturas

Cidadanía global, educación e DDHH: empoderamento e participación para o cambio social por parte da mocidade e do profesorado da Rede Solidaria da Mocidade no curso 2014/15

35.800,00

30.000,00

12.000,00

18.000,00

2014-2

Fundación Entreculturas agrupada con Fundación Ayuda en Acción, Fundación Intered y Fundación Taller de Solidaridad

Campaña mundial pola educación 2015 en Galicia

37.000,00

34.000,00

13.600,00

20.400,00

2014-26

Solidariedade Internacional de Galicia

Creando cidadanía global; un reto na axenda post 2015

23.757,01

21.334,00

8.533,60

12.800,40

2014-4

Asamblea de Cooperación por la Paz agrupado con Agareso

Mellora das capacidades e ferramentas para a educación e comunicación para o desenvolvemento no ensino non universitario (educación infantil, primaria, secundaria e FP) e promoción da formación especializada en cooperación e comunicación para o desenvolvemento no eido universitario

42.660,00

40.000,00

16.000,00

24.000,00

2014-5

Fundación Intered

Redes educativas para a sostenibilidade da vida

39.186,00

29.996,00

11.998,40

17.997,60

2014-7

Solidariedade Internacional de Galicia agrupada coa Universidade da Coruña

Explorando as posibilidades de estender a dimensión global da EpD na Educación Secundaria Obrigatoria. Unha investigación diagnóstica en centros educativos de Galicia

33.363,42

29.971,00

11.988,40

17.982,60

2014-16

Implicadas no Desenvolvemento

Reformulando o activismo. A arte como xerador de cambios-Reactiv-Arte

34.497,00

29.975,00

11.990,00

17.985,00

2014-12

Amarante Setem para o Ecodesenvolvemento

Proxecto de formación e sensibilización sobre a feminización da pobreza no sector téxtil e alternativas para un consumo responsable de roupa. 3ª fase

33.123,88

29.993,00

11.997,20

17.995,80

2014-3

Arquitectos sin Fronteras agrupado coa Universidade da Coruña

Proxecto de difusión do dereito ao hábitat e as súas dimensións transversais a través da sensibilización e a educación non formal na comunidade educativa

51.611,77

29.986,00

11.994,40

17.991,60

2014-13

Amigos da Terra Galicia Xuventude

Aplicación do enfoque de soberanía alimentaria e consumo sustentable na educación para o desenvolvemento en Galicia

16.851,00

14.759,00

5.903,60

8.855,40

Total

290.014,00

116.005,60

174.008,40

ANEXO II

Capítulo II: axudas para a consolidación e o fortalecemento de ONGD.

Nº de expediente

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Coste total do proxecto

Subvención condedida

Anualidade 2014

Anualidade 2015

2014-13

Enxeñería sen Fronteiras

Fortalecemento da lexitimidade social de ESF Galicia: transparencia, comunicación e base social 2014-2015

51.625,44

25.000,00

10.000,00

15.000,00

2014-6

Amarante Setem para Ecodesenvolvemento

Plan de mellora estratéxica e de xestión de Amarante Setem

22.754,48

20.423,00

8.169,20

12.253,80

2014-1

Fundación Entreculturas Fe y Alegría

Fortalecemento da área de formación e voluntariado da Fundación Entreculturas en Galicia no curso 2014/15

28.000,00

25.000,00

10.000,00

15.000,00

2014-3

Arquitectos sin Fronteras

Proxecto de mellora da eficacia dos mecanismos internos de ASF Galicia

17.014,16

14.760,00

5.904,00

8.856,00

2014-5

Asociación ONG de Cooperación para o Desenvolvemento Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso)

Establecer a ONGD como referente da CpD en Galicia e aumentar a súa capacidade de obtención de fontes de recursos diversos

28.726,00

24.025,00

9.610,00

14.415,00

2014-15

Médicos del Mundo

Fortalecemento da área de mobilización e educación a través da mellora da xestión, a formación e a participación da base social de Médicos del Mundo en Galicia

20.364,35

19.284,00

7.713,60

11.570,40

2014-9

Asamblea de Cooperación por la Paz

Asentar a imaxe pública e fortalecer a base social de ACPP Galicia

26.580,00

25.000,00

10.000,00

15.000,00

2014-7

Solidariedade Internacional de Galicia

Mellora das capacidades da equipa humana de SI Galicia

26.342,60

22.784,00

9.113,60

13.670,40

Total

176.276,00

70.510,40

105.765,60