Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44641

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (479/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 479/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Barros Brantuas contra a empresa Serafín Pego Vidal, sobre ordinario, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución din:

Sentenza:

Na Coruña o 25 de setembro de 2014.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, os presentes autos número 479/2012, seguidos por instancia de José de Barros Brantuas, asistido polo letrado Sr. Garma Castro, contra Serafín Pego Vidal, que non comparece, sobre reclamación de cantidade.

Resolvo:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade interpuxo José de Barros Brantuas fronte a Serafín Pego Vidal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 5.625 euros, que se incrementará cos xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Advírtase o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros do depósito especial indicado no artigo 229.1.a) da Lei reguladora da xurisdición social, na conta aberta na entidade Banesto, a nome deste xulgado, acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola dita cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, e incorporalos a este xulgado co anuncio de recurso.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Serafín Pego Vidal, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de setembro de 2014

A secretaria xudicial