Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44639

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (6108/2012).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 6108/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1097/2011 Xulgado do Social número 3 de Vigo.

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social.

Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social (provincial).

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Construcciones y Transformaciones Navales, S.A., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, José Antonio Vilar Diz.

Avogados: Servizo Xurídico da Seguridade Social (provincial), Luis Esteban Leyenda Martínez, Manuel Ángel Lamas Dono.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 6108/2012 seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Construcciones y Transformaciones Navales, S.A. e José Antonio Vilar Diz, sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Que desestimando o recurso de suplicación formulado polo Instituto Nacional da Seguridade Social, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, en xuízo seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Construcciones y Transformaciones Navales, S.A. e José Antonio Vilar Diz, a Sala confírmaa integramente.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou Concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que produza os seus efectos legais e sirva de notificación á empresa Construcciones y Transformaciones Navales, S.A., con último domicilio coñecido en Vigo, advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 24 de setembro de 2014

A secretaria xudicial