Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44652

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete ao trámite de información pública a creación dos coutos de pesca de Santeles, Pontevea e Deza nos ríos Ulla e Deza.

Antecedentes.

Por proposta do Servizo de Conservación da Natureza, esta Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra resolve someter ao trámite de exposición pública a creación dos coutos de pesca fluvial de Santeles (concellos da Estrada e Vedra), Pontevea (concellos da Estrada e Teo) e Deza (concellos de Silleda, Vila de Cruces e Boqueixón) nos río Ulla e Deza, coas seguintes características:

– Couto de Santeles:

Límite inferior: muíño de Arnelas UTM: X 0541634; Y 4734047.

Límite superior: presa de Louzao UTM: X 542942; Y 4733111.

Nº de permisos diarios: 8.

Lonxitude: 1,63 km.

Categoría 1ª salmón.

– Couto de Pontevea:

Límite inferior: ponte vella de Pontevea UTM: X 537117; Y 4733623.

Límite superior: desembocadura río Vea UTM: X 538317; Y 4734454.

Nº de permisos diarios: 8.

Lonxitude: 1,8 km.

Categoría 4ª pesca sen morte.

– Couto do Deza:

Límite inferior: na canle principal do río Ulla 450 m augas abaixo da desembocadura do Deza. UTM X 553188; Y 4736939. Inclúe vedado de 100 m na praia fluvial de Cira.

Límite superior Deza: presa de Martínez UTM X 554632; Y 4735621.

Nº de permisos diarios: 10.

Lonxitude: 3 km.

Categoría 4ª pesca sen morte.

Resolución:

De acordo co disposto no artigo 15.3 do Decreto 130/1007, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, sométese a información pública durante un prazo de 20 días, durante os cales poderán formular as alegacións que vexan oportunas, por proposta do Servizo de Conservación da Natureza para a creación dos coutos de pesca de Santeles, Pontevea e Deza nos río Ulla e Deza.

– O expediente está á disposición de todos aqueles que puidesen ter interese nel na Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Servizo de Conservación da Natureza na rúa Fernández Ladreda, nº 43-2º, 36003 Pontevedra. Ou na paxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas: http://www.cmati.xunta.es/ no apartado de pesca fluvial (proposta de Plan de xestión da pesca fluvial nas augas salmoneiras do río Ulla (set. 2014).

Pontevedra, 2 de outubro de 2014

José Luís Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra