Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Venres, 17 de outubro de 2014 Páx. 44654

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se acorda someter a participación pública o documento preliminar do plan de xestión da pesca fluvial nas augas salmoneiras do río Ulla.

O Decreto 130/1997, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais, indica no seu artigo 68 que os plans de xestión dos recursos piscícolas serán elaborados polos servizos provinciais de conservación da natureza, así mesmo, no artigo 66 do mencionado regulamento indícase que estes plans son preceptivos en augas habitadas por salmón e reo.

Por proposta de Servizo de Conservación da Natureza, esta Xefatura Territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de Pontevedra resolve someter ao trámite de información pública o Plan de xestión da pesca fluvial das augas salmoneiras do río Ulla,

ACORDO:

Primeiro. Abrir un período de participación ao público dun documento do Plan de xestión da pesca fluvial nas augas salmoneiras do río Ulla durante un prazo de 20 días, contado o dito período desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aqueles interesados que se consideren directamente afectados podan remitir observacións e opinións mediante escrito dirixido a Servizo de Conservación da Natureza da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, rúa Fernández Ladreda, 43, 2º, 36071 Pontevedra, ou ao enderezo de correo eléctronico caza.pesca.po@xunta.es, poñendo no asunto «Plan xestión Ulla».

Segundo. Durante o citado prazo, o documento poderá se examinado nos seguintes lugares:

– Servizo de Conservación da Natureza da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en Pontevedra.

– Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

– Servizo de Conservación da Natureza da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas na Coruña.

– Páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas: http://www.cmati.xunta.es/, no punto de pesca fluvial (proposta de Plan de xestión da pesca fluvial nas augas salmoneiras do río Ulla (set. 2014)).

Pontevedra, 2 de outubro de 2014

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra