De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante a presente cédula a Carmen Crego Vilela o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 22 de maio de 2014, que fixa o prezo xusto do predio nº 43, sito en Cariño, relativo ao proxecto 01284, expediente 2012/003028, cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.
3. En consecuencia, para que conste e lle sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2014
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o que se expropia: 01284 - Mellora da seguridade viaria na EP 6121 en Feás desde o p.q. 2,379 ao p.q. 3,710, 1ª fase. TM Cariño.
Nº de expediente: 2012/003028.
Persoa que se notifica: Carmen Crego Vilela.
Expropiante: Deputación Provincial da Coruña.
Expropiada: Carmen Crego Vilela.
Beneficiaria: Deputación Provincial da Coruña.
Predio nº: 43.
Concello: Cariño.
Provincia: A Coruña.
Valoración resolución do Xurado: 1.180,68 €.