De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible efectuar a notificación,
DISPOÑO:
1. Notificar mediante a presente cédula a Jesús Bermúdez Míguez o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 12 de xuño de 2014 que fixa o prezo xusto do predio número 40-co sito en Xove, relativo ao proxecto 01095, expediente 2013/000641, cuxos datos se relacionan no anexo.
2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada poderá tamén interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.
3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2014
Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia
ANEXO
Proxecto para o que se expropia: 01095 -VAC da Costa Norte. Treito Celeiro-San Cibrao. Clave: LU/00/063.01.4.
Nº de expediente: 2013/000641.
Persoa que se notifica: Jesús Bermúdez Míguez.
Expropiante: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Lugo.
Expropiado: Jesús Bermúdez Míguez.
Beneficiario: CPTOPT. Servizo Provincial de Estradas de Lugo.
Predio número: 40-co.
Concello: Xove.
Provincia: Lugo.
Valoración resolución do xurado: 3.138,03 €.