Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44361

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carballo

ANUNCIO de información pública de estudo de detalle no parque empresarial de Bértoa.

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 8 de setembro de 2014, acordou aprobar inicialmente o estudo de detalle para ordenar os volumes, completar ou reaxustar as rasantes e concretar as condicións da composición da edificación na parcela E4-1 da rúa Madeira do Parque Empresarial de Bértoa, de Carballo, promovido pola entidade Casas Cube, S.L., segundo a documentación técnica presentada o 3 de setembro de 2014, número de rexistro de entrada 2014010610, asinada pola arquitecta Marta Maneiro González (col. 4517 COAG).

O que se somete a información pública por un prazo de vinte (20) días en cumprimento do artigo 86.2 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, coas modificacións seguintes, co fin de que as persoas que se consideren afectadas por el poidan examinar o expediente e deducir, de ser o caso, as alegacións ou observacións que xulguen oportunas.

Carballo, 19 de setembro de 2014

Evencio Ferrero Rodríguez
Alcalde