Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 15 de setembro de 2014 pola que se notifica o Acordo do 22 de maio de 2014 que fixa o prezo xusto do predio número 2, sito en Salvaterra de Miño, relativo ao proxecto 01222 (expediente 2012/001223).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificar mediante a presente cédula a Paloma Gregores Amil o Acordo do Xurado de Expropiación de Galicia do 22 de maio de 2014, que fixa o prezo xusto do predio nº 2, sito en Salvaterra de Miño, relativo ao proxecto 01222, expediente 2012/001223, cuxos datos se relacionan no anexo.

2. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co previsto nos artigos 116 e 117 da LRXPAC. A persoa interesada, poderá tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non se poderá interpoñer ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido na presente cédula está á disposición do interesado nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo no Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n, de Santiago de Compostela, 15703.

3. En consecuencia, para que conste e sirva de notificación á persoa expropiada, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2014

Juan Carlos Argüello Fernández
Presidente do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto para o que se expropia: 01222 - Acondicionamento na muralla norte da fortaleza de Salvaterra de Miño. TM Salvaterra de Miño.

Nº de expediente: 2012/001223.

Persoa que se notifica: Paloma Gregores Amil.

Expropiante: Concello de Salvaterra de Miño.

Expropiada: Paloma Gregores Amil.

Beneficiario: Concello de Salvaterra de Miño.

Predio nº: 2.

Concello: Salvaterra de Miño.

Provincia: Pontevedra.

Valoración resolución do Xurado: 2.671,28 €.