Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44369

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Trazo

ANUNCIO de corrección de erros.

Detectados erros na documentación e planimetría integrante da aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal de Trazo, sometido a exposición pública, e emendados estes en sesión plenaria do 25 de setembro de 2014, faise público para xeral coñecemento e amplíase o prazo de exposición en dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Trazo, 25 de setembro de 2014

José Dafonte Varela
Alcalde