Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44370

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación da subministración, en réxime de alugamento, de elementos de iluminación decorativa.

1. Entidade que adxudica: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia: Comercio. c) Nº de expediente: 1042-106.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición: subministración, instalación, mantemento e posterior retirada, en réxime de alugamento, de 183 arcos e 400 motivos luminosos decorativos coa temática do nadal. b) CPV: 31527200-8. c) División por lotes: non. d) Lugar de entrega: rúas e prazas públicas da cidade que o concello decida. e) Prazo de execución: 3 meses e 12 días.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os consignados no punto 9 das FEC do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base: 133.826 euros (IVE incluído).

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante), teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non se exixe. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no punto 6) das follas de expecificacións do contrato (FEC).

8. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG. b) Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas técnica económica: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo, Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

Vigo, 7 de outubro de 2014

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación