Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44368

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO de anulación de acordo.

O Pleno da Corporación, en sesión do 11.9.2014 adoptou, por maioría absoluta do número legal de membros da Corporación, o acordo cuxo teor literal é o seguinte:

«Primeiro. Atender o requirimento previo de anulación formulado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas contra o acordo do Pleno desta Corporación do 29 de maio de 2014, onde se aprobaba definitivamente a modificación puntual do Plan parcial do sector SUR-R18, anulando o dito acordo por falla de obtención de informe previo favorable da Comisión Superior de Urbanismo e Galicia.

Segundo. Acordar a conservación de todos os actos e trámites anteriores á fase de remisión do proxecto de modificación puntual do planeamento a Comisión Superior de Urbanismo de Galicia para informe previo.

Terceiro. Efectuar as correccións procedentes postas de manifesto no requirimento precitado e remitir o expediente administrativo de modificación puntual do Plan parcial do SUR-R18, incluíndo o informe técnico do arquitecto municipal do 1 de agosto de 2014, á Comisión Superior de Urbanismo de Galicia para a emisión do informe previo do artigo 94.4 LOUGA».

O que se publica para os efectos oportunos, quedando sen vixencia os anuncios publicados no BOP núm. 140, do 20 de xuño de 2014 e DOG núm. 121, do 27 de xuño de 2014.

San Cibrao das Viñas, 7 de outubro de 2014

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde