Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44314

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se ordena a publicación no Diario Oficial de Galicia do depósito dos estatutos da Asociación Empresarial Rural Galega-Fruga.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral foron depositados os estatutos da Asociación Empresarial Rural Galega-Fruga, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación empresarial as entidades empresariais integradas por profesionais directos da agricultura, empresarios no sentido laboral do termo, isto é, con traballadores ao seu cargo.

Asinan a acta de constitución: Roberto Rivas Reboredo en representación da empresa Roberto Rivas Reboredo, Antonio Álvarez Suárez, en representación da empresa Agromiño, S.L. e Manuel Míguez Villaverde en representación da empresa Boibel Forestal, S.L.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social