Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Mércores, 15 de outubro de 2014 Páx. 44315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación de Centros Homologados de Formación.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servizo desta dirección xeral se presentou certificación da acta da asemblea xeral extraordinaria, onde se reflicte o acordo acadado o 2 de xullo de 2014, e que consiste na modificación dos estatutos da dita asociación.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia

– Ambito profesional: empresas con centros de formación de ensino privado, sempre que teñan traballadores por conta allea, que o soliciten voluntariamente e reúnan os requisitos recollidos no artigo 7 dos estatutos.

– Asinantes: Francisco Nóvoa Rodríguez (presidente) e Marta María Novoa de Manuel (secretaria)

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social