Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 14 de outubro de 2014 Páx. 44247

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual dos plans parciais do SUP-2 (Cornes) e do SUP-3 (A Ponte Pedriña).

A Xunta de Goberno da cidade de Santiago de Compostela, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 22 de agosto de 2014, adoptou o seguinte acordo:

a) Aprobar inicialmente o proxecto de modificación puntual do Plan parcial do SUP-2 (Cornes) e do SUP-3 (A Ponte Pedriña), segundo o proxecto formulado de oficio polo Concello a través do Servizo Técnico de Planeamento e Xestión.

b) En aplicación do procedemento regulado polo artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG), o expediente someterase a información pública durante o prazo dun mes, mediante anuncio que para o efecto se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior circulación na provincia. Simultaneamente, efectuarase notificación individualizada a todos os propietarios dos terreos afectados, segundo figuren no Catastro.

c) Durante o trámite de información pública, a teor do artigo 86.1.b) da LOUG, recadaranse das administracións competentes os informes sectoriais preceptivos.

De conformidade co previsto no artigo 94.4 da LOUG, para a aprobación definitiva do proxecto de modificación será preciso obter o informe favorable da Comisión Superior de Urbanismo de Galicia.

En aplicación do disposto no artigo 86.1.a) da LOUG, o expediente sométese ao trámite de información pública durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os interesados poidan consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e, de ser o caso, formular as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2014

Teresa Gutiérrez López
Concelleira delegada da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible