Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 14 de outubro de 2014 Páx. 44248

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Manuel Ventura Figueroa

ANUNCIO polo que se fai pública a convocatoria de axudas ao estudo para o curso académico 2014/15 desta fundación.

Ao presidente da Fundación Manuel Ventura Figueroa, en virtude da delegación efectuada polos membros do Padroado na súa reunión do día 27 de xuño de 2014, correspóndelle aprobar a convocatoria das axudas ao estudo para o curso académico 2014/15, con suxeición ás bases da convocatoria cuxo texto pode consultarse na páxina web da fundación (www.mvfigueroa.com).

Os interesados poderán presentar as súas solicitudes no lugar e durante o prazo establecido na convocatoria mediante o modelo que figura como anexo dela.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2014

Jesús Vázquez Abad
Presidente do Padroado da Fundación Manuel Ventura Figueroa