Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 14 de outubro de 2014 Páx. 44249

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Compañía de Radio-Televisión de Galicia

ANUNCIO de formalización do contrato do expediente de contratación 2014000120.

1. Entidade adxudicadora: Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

2. Obxecto do contrato: servizo de mediación de seguros privados para a Compañía de Radio-Televisión de Galicia e Televisión de Galicia, S.A.

3. Prazo de execución: dous (2) anos.

4. Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

5. Procedemento: aberto.

6. Orzamento base de licitación: cero euros, dado que o contrato derivado deste expediente non supón custo económico directo para a CRTVG e TVG, S.A. As comisións máximas estimadas que se percibirán das compañías aseguradoras son as indicadas no punto 6 do cadro resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia: 13 de marzo de 2014.

8. Data da adxudicación: 21 de agosto de 2014.

9. Data da formalización do contrato: 8 de setembro de 2014.

10. Contratista: B.V.C. ARTAI, Correduría de Seguros, S.A.

11. Importe de adxudicación: o contrato derivado deste expediente non supón custo económico directo para a CRTVG e TVG, S.A. A comisión que se percibirá das compañías aseguradoras é do cinco por cento.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2014

Miguel Rodríguez Barrio
Director xerente de Planificación e Administración Xeral
da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e Televisión de Galicia, S.A.