Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Martes, 14 de outubro de 2014 Páx. 44192

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Zas (expediente IN407A 2014/62).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Electra de Zas.

Domicilio social: Vilar do Mato, 6.

Denominación: liña de media tensión subterránea 20 kV, DC e centro de control e manobra Rial de Abaixo-Zas.

Situación: Zas.

Características técnicas: LMT soterrada, a 20 kV, en dobre circuíto, de 275 metros de lonxitude total, en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×95 mm2 Al+H16), con illamento XLPE e pantalla metálica de 16 mm2, baixo tubo Ø160 mm, coa orixe e remate no dobre paso aéreo-soterrado dotado de pararraios autoválvulas, que se instalará no apoio metálico tipo C-3000/14 existente (compartido polas LMT Vilar do Mato-Central e Central-Longueirón), logo de entrar e saír no centro de control e manobra proxectado. Estará composta por:

– Treito 1: de 165 metros de lonxitude, en canalización soterrada, coa orixe no paso aéreo-soterrado (parte da LMT Vilar do Mato-Central), que se instalará no apoio metálico tipo C-3000/14 existente e remate na fachada da Central Hidroeléctrica de Zas.

– Treito 2: de 110 metros de lonxitude, coa orixe na fachada da Central Hidroeléctrica de Zas e remate no paso aéreo-soterrado (parte da LMT Central-Longueirón), que se instalará no apoio metálico tipo C-3000/14 existente, logo de transcorrer grampado aos muros e paredes interiores da Central Hidroeléctrica de Zas.

Novo centro de control e manobra que se instalará en local independente no interior do edificio da Central Hidroeléctrica de Zas existente (coordenadas UTM X: 507.395/Y: 4769.353), no cal se proxecta a instalación de:

– Dous (2) seccionadores tripolares de dobre coitela, de accionamento manual, con mando e encravamento.

– Un (1) interruptor automático de potencia ao baleiro, con transformadores de tensión e intensidade.

– Un (1) transformador para servizos auxiliares de 25 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,43-0,24 kV.

– Equipamentos de control, protección e telemando.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e de acordo coa Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54), esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 5 de agosto de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña