Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 13 de outubro de 2014 Páx. 44125

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO de convocatoria da licitación pública para a adxudicación en réxime de concesión demanial da utilización privativa de postos na praza de abastos.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Ordes.

a) Obtención de documentación e información: Secretaría. R/ Alfonso Senra, 108. Ordes 15680.

b) Teléfono: 981 68 00 02. Telefax: 981 68 22 21.

c) Correo electrónico: correo@ordes.dicoruna.es.

d) Perfil do contratante: www.concellodeordes.com.

2. Obxecto do contrato:

a) Concesión sobre un ben de dominio público: explotación dos postos (8) da praza de abastos de Ordes.

b) Prazo de duración: quince anos, prorrogables cinco anos máis.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 47001 e 470026.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria, procedemento aberto.

4. Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Tipo de licitación e canon: o tipo mínimo anual para cada local é o sinalado no prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional (importe): non se exixe.

b) Definitiva (%): 3 % do importe de adxudicación.

7. Requisitos específicos do contratista: os sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da provincia.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral. R/ Alfonso Senra, 108. Ordes 15680.

9. Apertura de ofertas: Casa do Concello. Décimo primeiro día hábil seguinte, excepto sábados, ao da conclusión do prazo de presentación de proposicións, ás 11.00 horas.

Ordes, 10 de setembro de 2014

Manuel Regos Boquete
Alcalde presidente