Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 13 de outubro de 2014 Páx. 44124

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO de información pública de convenio urbanístico (2013/003.CONV).

Nas dependencias municipais do Concello de Arteixo asinouse con data do 24 de setembro de 2014 con José Ferrín Muñiz, representado por Luisa Suárez López, o texto inicial do convenio urbanístico de execución de planeamento para a obtención de terreos para a realización da obra incluída no POS-2011, denominada Beirarrúas enlace avda. Arsenio Iglesias-avda. Caión.

De acordo ao establecido polo artigo 237.1 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o texto do convenio ao trámite de información pública por un período de vinte días mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Durante o dito período, o texto do convenio subscrito estará á disposición do público en xeral de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, no Departamento de Urbanismo, e os sábados no Departamento de Información e Rexistro, das 9.30 ás 13.30 horas.

Arteixo, 24 de setembro de 2014

Por delegación (Decreto 989/2011, do 21 de xuño de 2011)
Luís Alberto Castro Calvete
Concelleiro de Urbanismo