Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 13 de outubro de 2014 Páx. 44120

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de setembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, para a adquisición de dous ecógrafos para o HULA (expediente AB-EIL1-14-024).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa do HULA.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero, 1.

3) Localidade e código postal: Lugo (27003).

4) Teléfono: 982 29 60 47.

5) Telefax: 982 29 65 92.

6) Correo electrónico: alvaro.lage.mouriz@sergas.es.

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: AB-EIL1-14-024.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: dotación de dous equipamentos de adquisición de imaxes ecográficas para a súa utilización na Área de Radiodiagnóstico do HULA.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non/lote único con dúas liñas.

d) Lugar de execución/entrega: HULA.

1) Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero, 1.

2) Localidade e código postal: Lugo (27003).

e) Prazo de execución/entrega: 45 días naturais.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Sistema dinámico de adquisición: non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 33124100-6.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 110.000,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 110.000,00 euros.

Importe total: 121.000,00 euros.

6. Garantías exixidas: definitiva do 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: ver pregos.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, de ser o caso: ver pregos.

c) Outros requisitos específicos: ver pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás catorce horas do décimo quinto día natural, contado dende o seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación ou envío das ofertas coincide en sábado ou día inhábil na localidade de presentación, dito prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver pregos.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral, no 2º andar do HULA.

2) Enderezo: rúa Doutor Ulises Romero, 1.

3) Localidade e código postal: Lugo (27003).

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Descrición: apertura pública.

b) Enderezo: sala 305 da Dirección-Xerencia, no 3º andar do HULA. Rúa Doutor Ulises Romero, 1.

c) Localidade: Lugo (27003).

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario do procedemento.

11. Outras informacións: ver o prego de prescricións técnicas.

Lugo, 30 de setembro de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte