Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 13 de outubro de 2014 Páx. 44127

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia

ANUNCIO do 22 de setembro de 2014 polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, e non sendo posible practicar a notificación dos procedementos que se relacionan no anexo, por causas non imputables á Administración, logo dos intentos de notificación exixidos polo artigo anterior, polo presente anuncio emprázanse os interesados sinalados no anexo para seren notificados por comparecencia dos actos administrativos derivados dos procedementos que se indican.

Os interesados, ou os seus representantes, deberán comparecer no prazo de quince (15) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia, avenida Monte da Condesa, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2014

Mª Inmaculada Rodríguez Calvo
Directora técnica da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia

Anexo

Interesado/a

Órgano tramitador

Procedemento

Candame Pazos, Cintia (47352213C)

Dirección de Xestión

Acordo de devolución de importe aboado en concepto de taxa

Castromil Peña, Ramón (33233579M)

Dirección de Xestión

Acordo de devolución de importe aboado en concepto de taxa

Garabal Vázquez, Ana Mª (44805203F)

Dirección de Xestión

Acordo de devolución de importe aboado en concepto de taxa

Lojo Sebio, Cristina (36165695N)

Dirección de Xestión

Acordo de devolución de importe aboado en concepto de taxa

Pastoriza Rodríguez, Ana Mª (53118345Y)

Dirección de Xestión

Acordo de devolución de importe aboado en concepto de taxa

Pena Freire, Estefanía (53168495K)

Dirección de Xestión

Acordo de devolución de importe aboado en concepto de taxa

Tuche Silva, Mª Ángeles (36032993C)

Dirección de Xestión

Acordo de devolución de importe aboado en concepto de taxa