Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 13 de outubro de 2014 Páx. 44053

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (336/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 336/2012 por instancia de José Carlos Sánchez Tamayo contra a empresa Técnicos de Seguridad del Norte, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza en data 15 de setembro de 2014, que copiada nos particulares necesarios di así:

Decisión.

Estímase a demanda formulada por José Carlos Sánchez Tamayo fronte a Técnicos de Seguridad del Norte, S.L. con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Técnicos de Seguridad del Norte, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de catro mil oitocentos cincuenta e un euros con sesenta e dous céntimos de euro (4.851,62 euros).

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Técnicos de Seguridad del Norte, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 23 de setembro de 2014

A secretaria xudicial