Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Luns, 13 de outubro de 2014 Páx. 44052

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Chantada

EDICTO.

Denise Romero Barciela, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Chantada, por medio do presente

Neste procedemento de xuízo verbal, seguido por instancia de Juan Manuel González Alonso fronte a Sara Piñeiro Feijoo, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Estimo integramente a demanda e condeno a Sara Piñeiro Feijoo a que lle pague á demandante a cantidade de 1.692,50 euros, cantidade que se incrementará cos xuros legais desde a presentación da demanda.

Condénase a demandada ao pagamento das custas causadas.

A presente resolución é firme e contra ela non se pode interpoñer ningún recurso.

E encontrándose a dita demandada, Sara Piñeiro Feijoo, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Chantada, 18 de xuño de 2014

A secretaria xudicial