Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 10 de outubro de 2014 Páx. 43940

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 17 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia nos expedientes sancionadores por infracción da Lei 13/2013, do 23 de decembro, de caza CAZ-CO-0015/2014-V e CAZ-CO-0040/2014-V.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (Boletín Oficial del Estado do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial e pola instrutora do expediente.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas sita na rúa Vicente Ferrer, 2, Edificio Administrativo de Monelos, 5º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 17 de setembro de 2014

José Antonio Álvarez Vidal
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: CAZ-CO-0015/2014-V.

Denunciado: Asociación de Cazadores de Santa Eufemia de Leira (Tecor C-10.057).

Acto de notificación: resolución.

Expediente: CAZ-CO-0040/2014-V.

Denunciado: Sociedad de Caza e Pesca de Xubia (Tecor C-10.141 Fene).

Acto de notificación: proposta de resolución.