Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 10 de outubro de 2014 Páx. 43941

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 18 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a planta de valorización e almacenamento de residuos hidrocarburados que Codisoil, S.A. posúe no concello do Pereiro de Aguiar (Ourense) (clave do expediente 2014-IPPC-I-38).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, de 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– Proxecto básico para a solicitude da autorización ambiental integrada das instalacións de Codisoil, S.A. situadas no polígono industrial do Pereiro de Aguiar, parcela 14, O Pereiro de Aguiar (Ourense). Febreiro 2014.

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes, os citados documentos estarán á disposición dos interesados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental - Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade >> prevención e control de actividades >> autorización ambiental integrada >> proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2014-IPPC-I-38.

Peticionaria: Codisoil, S.A.

Domicilio social: paseo de la Castellana, 259, planta 50, Edificio Torre Espacio; 28046 Madrid.

Localización da instalación: polígono industrial do Pereiro de Aguiar, parcela 14; 32710 O Pereiro de Aguiar, Ourense.

Actividade: planta de valorización e almacenamento de residuos hidrocarburados.

Descrición: a principal actividade da planta é a evapo-concentración e a reciclaxe de residuos líquidos hidrocarburados. A minimización dos residuos que entran na planta baséase na eliminación de case a totalidade da auga contida neles empregando como método unha primeira etapa de decantación. Desta obtéñense tres fraccións diferentes: sedimentos/lodos, mestura de hidrocarburos e unha fase acuosa. A primeira envíase a un xestor autorizado, a segunda emprégase como combustible nunha caldeira para autoconsumo e a terceira sométese a un proceso de evaporación e condensación. Algúns dos residuos que entran na instalación non son susceptibles de ser minimizados, polo que non se someten a ningún tipo de tratamento, e son unicamente almacenados e finalmente levados a un xestor final.

Ademais da actividade de almacenamento e valorización de residuos perigosos, na planta de Codisoil, S.A. lévanse a cabo estas outras, almacenamento e distribución de gasóleo A, B e C; distribución de Adblue (produto químico sintético composto basicamente por urea disolta en auga ao 32,5 %) e limpezas industriais.

Verteduras: a instalación verte as augas residuais industriais, as augas pluviais e as fecais á rede existente no polígono industrial.