Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 10 de outubro de 2014 Páx. 43943

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 22 de setembro de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a planta de valorización e almacenamento de residuos hidrocarburados que Codisoil, S.A. posúe no concello do Porriño (Pontevedra). Clave do expediente 2014-IPPC-I-40.

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– «Proxecto básico para a solicitude da autorización ambiental integrada das instalacións de Codisoil, S.A. situadas no polígono industrial da Granxa, parcela 5, 36475 O Porriño (Pontevedra). Setembro 2014».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes, os citados documentos estarán á disposición dos interesados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade >>prevención e control de actividades >>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I
Memoria resumo

Clave do expediente: 2014-IPPC-I-40.

Peticionaria: Codisoil, S.A.

Domicilio social: Cuatro Torres Business Area, Edificio Torre Espacio, Paseo da Castellana, 259 D, planta 50, 28046 Madrid.

Localización da instalación: polígono pndustrial da Granxa, parcela 5, 36475 O Porriño (Pontevedra).

Actividade: planta de valorización e almacenamento de residuos hidrocarburados.

Descrición: a actividade da instalación desenvólvese a través de catro liñas produtivas: almacenamento de residuos perigosos, valorización de residuos perigosos, distribución polo miúdo de carburantes e combustibles e limpeza industrial.

A valorización de residuos realízase seguindo diferentes etapas:

1. Unha primeira separación inicial das partes sólida e líquida.

2. Unha decantación primaria, de onde se obteñen tres fases: lodos, mestura de hidrocarburos e mestura de auga e hidrocarburos. Os lodos son entregados a un xestor final, a mestura de hidrocarburos pode ser entregada a un xestor final ou derivada a outra das plantas da empresa (onde se incorporará á liña de valorización de residuos ou se usará como combustible na caldeira) e a mestura de auga e hidrocarburos pasa á seguinte etapa do proceso de tratamento (centrifugación).

3. Unha centrifugación, á cal só chega a mestura de auga e hidrocarburos que se separou na etapa anterior. Nesta etapa obtéñense de novo tres fases: lodos (que se entregarán a un xestor final), mestura de hidrocarburos (cuxo destino será o mesmo que a mestura obtida na etapa anterior) e auga (que será vertida á rede de saneamento ou non, dependendo de se cumpre cos valores límite de vertedura).

Verteduras: a instalación conta cunha rede de recolla de augas residuais (goteos, derramamentos, augas de lavado de cisternas e vertedura de augas tratadas), que dispón dun separador de hidrocarburos e que verte finalmente á rede de saneamento do polígono. As augas pluviais son recollidas mediante canalizacións separadas das augas residuais industriais e vertidas finalmente ao colector de pluviais do polígono industrial.