Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 9 de outubro de 2014 Páx. 43862

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta unidade no segundo cuadrimestre de 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio desta resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria, nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2014, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2014

Pablo Galego Feal
Director da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria

ANEXO

Convenio

Importe económico

Data sinatura

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria para o ano 2014 (asinado o 7 de xaneiro de 2014)

148.204,27 €

28.5.2014

Convenio de colaboración empresarial entre a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria e Biogen Idec Iberia, S.L. para a organización de actividades formativas no ámbito da Escola Galega de Saúde para Cidadáns

2.270 €

4.6.2014

Convenio de colaboración empresarial entre a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria e Allergan, S.A. para a organización de actividades formativas no ámbito da Escola Galega de Saúde para Cidadáns

2.756 €

25.4.2014

Convenio de colaboración empresarial entre a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria e Lilly, S.A. para a organización de actividades formativas no ámbito da Escola Galega de Saúde para Cidadáns

1.783 €

30.7.2014