Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 9 de outubro de 2014 Páx. 43863

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2014, da Xerencia, pola que se fai pública a formalización dun contrato cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixo 6, tema prioritario 79.

missing image file

Para os efectos do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o establecido nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006, do 8 de decembro de 2006, da Comisión, e no artigo 1, números 1) e 2) do Regulamento (CE) 846/2009, do 1 de setembro de 2009, da Comisión, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do seguinte contrato, financiado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixo 6, tema prioritario 79.

– Nº de expediente: CGSIB/OBR/001/14.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria.

Denominación do concurso público: obra de construción dunha residencia e centro de día no concello de Foz.

Importe de adxudicación, IVE incluído: 2.022.761,30 €.

Adxudicataria: UTE: Construcciones Ángel Jove, S.A.U., Prace, Servicios y Obras, S.A.

Data de formalización do contrato: 4 de xullo de 2014.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: oferta técnica adaptada ás necesidades da obra que se vai executar.

Para máis información consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, punto Perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2014

Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar