Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Xoves, 9 de outubro de 2014 Páx. 43861

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2014 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta fundación no segundo cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xuño), impón ás entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Para dar cumprimento ao exposto anteriormente e, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Artigo único

Facer pública a relación dos convenios subscritos pola Fundación Centro Tecnolóxico da Carne no segundo cuadrimestre do ano 2014, que se incorporan como anexo a esta resolución.

San Cibrao das Viñas, 20 de setembro de 2014

Miguel Fernández Rodríguez
Director xerente da Fundación Centro Tecnolóxico da Carne

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Fundación Centro Tecnolóxico
da Carne no segundo cuadrimestre do ano 2014

Convenio

Data
de sinatura

Achega económica
da Fundación

Convenio de colaboración nas áreas de Zootecnia, Enxeñaría de Alimentos, Medicina Veterinaria e Enxeñaría de Biosistemas, co fin de promover o intercambio de docentes e estudantes de grao e posgrao.

23.5.2014

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Centro Tecnolóxico da Carne, para a realización de prácticas de alumnos/as da titulación do grao en Química.

22.5.2014

Sen achega económica