Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 7 de outubro de 2014 Páx. 43475

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 2014 pola que se adxudican as bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os/as titulados/as en ciclos formativos de acuicultura convocadas pola Orde do 4 de xuño de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 114, do 17 de xuño), que se tramitan como gasto financiable para levar a cabo unha actividade elixible dentro do programa operativo Fondo Social Europeo Galicia 2007-2013, eixe 3 e tema prioritario 72, cunha taxa de cofinanciamento do 80 %.

missing image file

A Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar do 4 de xuño de 2014 (DOG núm. 114, do 17 de xuño) aprobaba as bases e procedía á convocatoria de bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os/as titulados/as en ciclos formativos de acuicultura.

Concluído o prazo de presentación de solicitudes e realizados os trámites previstos na referida orde, a comisión de avaliación, constituída ao abeiro do artigo 6.1 da convocatoria, avaliou os méritos dos solicitantes admitidos de acordo cos criterios fixados na convocatoria e fixo chegar á directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro a súa proposta de adxudicación das bolsas ás persoas solicitantes que acadaron unha maior puntuación, así como unha listaxe de suplentes coas restantes persoas candidatas admitidas, de acordo co establecido nas bases da convocatoria.

O secretario xeral do Mar é competente para resolver o expediente, segundo o disposto na Orde do 30 de marzo de 2012, de delegación de competencias, no secretario xeral técnico, secretarios xerais e xefes territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar en relación co procedemento de concesión de bolsas establecido no artigo 7 da convocatoria.

De acordo con todo o indicado, con base na proposta elevada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar a proposta presentada pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro en todo o seu contido e conceder as bolsas de formación en réxime de empresa tutelada para os/as titulados/as en ciclos formativos de acuicultura ás persoas candidatas que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo. Establecer a listaxe de suplentes segundo, por orde decrecente de puntuación, se indica no anexo desta resolución, que poderá ser operativa no caso de que o bolseiro/a seleccionado/a non se incorpore na data establecida, cando manifeste expresamente a súa non aceptación á bolsa ou renuncie a esta unha vez aceptada, así como cando se proceda á súa revogación.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2014

P.D. (Orde 30.3.2012; DOG núm. 70, do 12 de abril)
Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar

Anexo
Listaxes de persoas adxudicatarias e suplentes

Adxudicatarios/as

Apelidos

Nome

DNI

Punt. total

González

Freire

Pedro Francisco

36097351R

10,13

Potel

Conde

Iván

35487597T

9,66

López

Santomé

José Andrés

52495490Z

8,97

Carragal

Rial

Rubén

44081881N

8,50

Suplentes

Apelidos

Nome

DNI

Punt. total

Eiras

Espiño

Adrián

44092664P

7,45

Lorenzo

Vidal

Almudena

35468053Y

6,35

Romero

Pérez

Fernando

45860219J

6,00

Martínez

Caamaño

Damián

78802541X

5,83

Calaza

Mosquera

Silvia

44840660K

5,72

González

Barreiro

Antía

39464594K

5,15

Rivadeneira

Torres

J. Gregorio

51102007D

5,10

Fernández

Martínez

Eva

47357941K

4,53

Salamanca

Fernández

Andrea

77418199S

3,86

García

Alfonsín

Manuel

35481511D

1,80