Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 7 de outubro de 2014 Páx. 43478

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2014, da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2014.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2014.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no segundo cuadrimestre do ano 2014, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2014

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo
no segundo cuadrimestre do ano 2014

Convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data de
sinatura

Convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Universidade de Santiago de Compostela para a colaboración de ambas as institucións no desenvolvemento do máster en rexeneración urbana e rehabilitación 2013-2014.

25.000,00 €

27.6.2014

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Asociación de Empresarios de Materiales para la Construcción (Asemaco) para a divulgación das axudas en materia de vivenda en Galicia e do financiamento co sistema Crediasemaco.

12.000,00 €

16.6.2014