Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 7 de outubro de 2014 Páx. 43521

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 11 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador PO-14/2013 por infracción en materia de comercio.

Con data do16 de xullo de 2014, o xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Economía e Industria ditou resolución do expediente sancionador PO-14/2013, incoado contra Inversiones Figueiras, S.L.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, intentada a notificación persoal da resolución e non sendo posible a súa práctica, é polo que por medio desta cédula e segundo o disposto no artigo 59.5 da referida lei, se notifica a interesada a resolución do expediente que figura como anexo.

A interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Coordinación Industrial, Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, praza da Estrela, s/n, 6º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia desta.

Contra a resolución deste expediente a interesada poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

Vigo, 11 de setembro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-14/2013.

Interesada: Inversiones Figueiras, S.L. CIF B36926921.

Enderezo: rúa Barcelona, nº 57, 3º D, 36201 Vigo (Pontevedra),