Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 7 de outubro de 2014 Páx. 43522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

CÉDULA do 23 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica á empresa Pedra País, S.L. o requirimento de documentación en relación coas medidas de seguranza e ambientais no permiso de investigación Pedra País 01 número 2938, situado nos termos municipais de Fornelos de Montes e Mondariz (Pontevedra).

Ante a imposibilidade de notificación, por medio desta cédula notifícase á empresa Pedra País, S.L., con CIF B36881563, o requirimento de documentación en relación coas medidas de seguranza e ambientais por parte da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria en Pontevedra, do 4 de setembro de 2014, no permiso de investigación Pedra País 01 nº 2938, situado nos termos municipais de Fornelos de Montes e Mondariz (Pontevedra).

Comunícase que o dito requirimento se encontra ao seu dispor no prazo de 10 días, das 9.00 ás 14.00 horas, no Servizo de Enerxía e Minas das dependencias desta xefatura territorial, situadas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5ª planta, de Pontevedra.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 23 de setembro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra