Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 7 de outubro de 2014 Páx. 43523

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 10 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014183TA-PO por infracción en materia sanitaria.

O 22 de agosto de 2014 a xefa territorial de Pontevedra ditou resolución do expediente sancionador núm. 2014183TA-PO, incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra contra María Teresa Velo Pose, con DNI 52433763L.

Tras intentar a notificación desta resolución consonte o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non se puido practicar, polo que mediante esta cédula se lle notifica a María Teresa Velo Pose o contido da dita resolución, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para presentar recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43, 1º andar, e obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e último do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Abanca, do BBVA, transacción 1316 NIF S1511001H e do Banesto, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 10 de setembro de 2014

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2014183TA-PO.

Denunciada: María Teresa Velo Pose, con DNI 52433763L.

Último enderezo coñecido: avda. Rosalía de Castro, núm. 21-4º G, 36860 Ponteareas (Pontevedra).

Feito imputado: infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos infrinxidos:

– Artigo 7) «Prohíbese fumar..., en: u) Bares, restaurantes e demais establecementos de restauración cerrados».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como leve no artigo 19.2.a) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción imposta: trinta euros (30 €).