Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 6 de outubro de 2014 Páx. 43290

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1642/12).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da sección número 1 da sala segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1642/2012 desta sección, seguido por instancia de Pesquera Caldeirón, S.L. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Dolores Isabel Taibo Pose, Carlos Suárez Taibo sobre recarga de accidente, se ditou con data do 16.9.2014 a seguinte resolución:

O anterior escrito presentado con data do 15.9.2014 presentado pola procuradora Ana María Tejelo Núñez, en nome e representación de Pesquera Caldeirón, S.L., únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala.

Tense por achegado testemuño das sentenzas de contraste alegadas polo recorrente.

Emprácese as demais partes para que comparezan por escrito de letrado ante a sala do social do tribunal supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do devandito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da devandita sala, debendo acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Remítase edicto ao DOG para a localización de Dolores Isabel Taibo Pose e Carlos Suárez Taibo.

Verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 2 da Coruña que a resolución desta sala ten sida recorrida en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso. Acórdoo e asínoo. Dou fe.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

E para que sirva de notificación en legal forma a Dolores Isabel Taibo Pose e Carlos Suárez Taibo, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG), expido o presente edicto.

A Coruña, 16 de setembro de 2014

A secretaria xudicial