Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 6 de outubro de 2014 Páx. 43274

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 18 de setembro de 2014 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións para a promoción, comercialización e exhibición do produto audiovisual galego e se convocan para o ano 2014.

Advertido erro na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 183, do xoves 25 de setembro de 2014, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 42188, onde di:

«– Modalidade B. Axudas para a comercialización e distribución de películas de produción galega. Só poderán presentarse a esta modalidade aquelas películas rematadas que conten con certificación do ICAA emitida a partir do 1 de xaneiro de 2014, e ata a data de finalización da presentación de solicitudes, e que se correspondan con longametraxes de ficción, documental e animación».

Debe dicir:

«– Modalidade B. Axudas para a comercialización e distribución de películas de produción galega que se correspondan con longametraxes de ficción, documental e animación. Só poderán presentarse a esta modalidade aquelas películas rematadas que conten coa calificación do ICAA e cuxa data de estrea, segundo a base de películas cualificadas deste mesmo organismo, estea comprendida entre o 1 de xaneiro de 2014 e a data de finalización de presentación de solicitudes».

Na páxina 42201, onde di:

«2. Os criterios de valoración para as solicitudes presentadas á modalidade B son os seguintes:

A) Distribución e repercusión da obra audiovisual:

Máximo 40 puntos

1) Contrato con empresa distribuidora

3 puntos

2) Adecuación do plan de distribución á obra audiovisual

3 puntos

3) Estrea simultánea (mesma data) en máis de 4 localidades

5 puntos

3) Número de localidades de Galicia nas cales se realizou ou se ten comprometido realizar exhibición en salas comerciais

1 punto por localidade

Máximo 10 puntos

4) Número de localidades españolas, de fóra de Galicia, nas cales se realizou ou se ten comprometido realizar exhibición en salas comerciais

1 punto por localidade

Máximo 10 puntos

6) Esforzo promoción e publicidade. Gasto oficialmente recoñecido no informe de auditoría, realizado pola empresa produtora en promoción e publicidade en relación ao custo de realización da obra audiovisual

Máis do 15 %: 2 puntos

Máis do 25 %: 4 puntos

Máis do 35 %: 6 puntos

B) Contribución cultural:

Máximo 10 puntos

Porcentaxe de copias distribuídas en versión orixinal galega

Máis do 10 %: 2 puntos

Máis do 20 %: 4 puntos

Máis do 30 %: 6 puntos

Máis do 40 %: 8 puntos

Máis do 50 %: 10 puntos»

Debe dicir:

«2. Os criterios de valoración para as solicitudes presentadas á modalidade B son os seguintes:

A) Distribución e repercusión da obra audiovisual:

Máximo 40 puntos

1) Contrato con empresa distribuidora

4 puntos

2) Adecuación do plan de distribución á obra audiovisual

4 puntos

3) Estrea simultánea (mesma data) en máis de 4 localidades

6 puntos

4) Número de localidades de Galicia nas cales se realizou ou se ten comprometido realizar exhibición en salas comerciais

1 punto por localidade

Máximo 10 puntos

5) Número de localidades españolas, de fóra de Galicia, nas cales se realizou ou se ten comprometido realizar exhibición en salas comerciais

1 punto por localidade

Máximo 10 puntos

6) Esforzo promoción e publicidade. Gasto oficialmente recoñecido no informe de auditoría, realizado pola empresa produtora en promoción e publicidade en relación co custo de realización da obra audiovisual

Máis do 15 %: 2 puntos

Máis do 25 %: 4 puntos

Máis do 35 %: 6 puntos»