Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 3 de outubro de 2014 Páx. 43185

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2014, do tribunal de selección designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se fan públicas as notas do terceiro exercicio.

Na sesión que tivo lugar o 25 de setembro de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 6 de febreiro de 2014 (DOG núm. 36, do 21 de febreiro) para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), de conformidade co disposto na base II.1.1.3,

ACORDOU:

Primeiro. Excluír a opositora Alexia Luíña López por indicar na folla de exame o seu nome e apelidos, por aplicación da base III.8 da orde da convocatoria, que sinala: «O/A presidente/a do tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios do proceso selectivo sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade dos/as aspirantes e utilizará para iso os impresos adecuados. O tribunal excluirá aquelas/es candidatos/as en cuxos exercicios figuren marcas ou signos que permitan coñecer a identidade do/a opositor/a».

Segundo. De conformidade co establecido na base II.1.1.3 da orde da convocatoria, superaron o terceiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos.

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, no lugar de realización do exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2014

María del Mar García Miraz
Presidenta do tribunal