Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Venres, 3 de outubro de 2014 Páx. 43184

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de subinspección de consumo, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 25 de setembro de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 4 de febreiro de 2014 (DOG núm. 33, do 18 de febreiro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de subinspección de consumo, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Desestimar a totalidade das reclamacións presentadas en relación coas puntuacións do segundo exercicio da fase de oposición.

Segundo. Declarar a todos/as os/as aspirantes que superaron o segundo exercicio exentos da realización do terceiro exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.3 da convocatoria.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2014

Alfonso Diéguez García
Presidente do tribunal