Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 1 de outubro de 2014 Páx. 42840

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará as probas para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2013/14, e se ditan instrucións para a realización das probas correspondentes.

De conformidade co establecido no artigo 9 e na disposición derradeira primeira da Orde do 12 de agosto de 2014, pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2013/14 (Diario Oficial de Galicia do 20 de agosto),

RESOLVO:

Primeiro. Designar os membros do tribunal que elaborará, supervisará e avaliará as probas para a concesión dos premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria correspondentes ao curso 2013/14 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo. Fixar a data, horario, lugares de realización das probas e condicións de presentación dos candidatos e candidatas.

1. As probas realizaranse o día 15 de outubro de 2014 de acordo co seguinte horario:

– Ás 9.15 horas, presentación dos candidatos e candidatas.

– Das 10.00 ás 12.00 horas, primeira parte da proba.

– Das 12.30 ás 14.30 horas, segunda parte da proba.

2. Centros en que se realizarán as probas.

Provincia da Coruña:

– CIFP Someso. Rúa Someso, nº 6, A Coruña.

Provincia de Lugo:

– IES Sanxillao. Avenida das Fontiñas, nº 171, Lugo.

Provincia de Ourense:

– IES Ramón Otero Pedrayo. Rúa Padre Feixoo, nº 12, Ourense.

Provincia de Pontevedra:

– IES Sánchez Cantón. Avenida Raíña Victoria, Pontevedra.

Terceiro. Presentación dos candidatos e candidatas.

a) Os candidatos e candidatas deberán realizar as probas, con carácter xeral, na provincia a que pertenza o centro educativo en que se atope o seu expediente académico. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar cambios de sede por causas debidamente xustificadas.

b) Para a realización das probas os candidatos e candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2014

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Tribunal.

Presidenta:

M. Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

• Luis Mateo Sáez Abuín, xefe do Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

• Berta Estrada Arias, inspectora de Educación.

• Juan Antonio Granados Loureda, inspector de Educación.

• José Ramón Pereiró Rodríguez, inspector de Educación.

• Jaime Santoalla Varela, inspector de Educación.

• Isabel Serna Masiá, inspectora de Educación.

Secretario:

Miguel A. Rodríguez Méndez, funcionario da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.