Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Mércores, 1 de outubro de 2014 Páx. 42843

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se procede a designar os membros e facer pública a composición da comisión de selección que supervisará e valorará as solicitudes dos aspirantes aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2013/14.

De conformidade co establecido no artigo 10 e na disposición derradeira primeira da Orde do 18 de agosto de 2014, pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2013/14 (DOG do 26 de agosto),

RESOLVO:

Primeiro. Designar os membros da comisión de selección que supervisará e valorará as solicitudes dos participantes nos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2013/14 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo a esta resolución.

Segundo. Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2014

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO
Tribunal

Presidenta: M. Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo, por delegación do director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Vogais:

• Luis Mateo Sáez Abuín, xefe do Servizo de Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.

• María del Carmen Areán Vázquez, inspectora de Educación.

• María Magdalena Duarte Blanco, inspectora de Educación.

• María Adoración de la Fuente Fernández, inspectora de Educación.

Secretario: Miguel A. Rodríguez Méndez, funcionario da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.