Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 30 de setembro de 2014 Páx. 42773

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Sada (expediente IN407A 2013/210-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS SAD-714 entre os centros de transformación 15CKS0 e 15C470.

Situación: concello de Sada.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 941 m, con orixe na cela de liña do CT avenida da Mariña, 55 (expediente 284/98), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV-3(1×240 Al), e final no CT Fontán (expediente 10.608).

Actuación 1–Liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 132 m, con orixe na cela de liña do CT avenida da Mariña, 55 (expediente 284/98), e final en empalmes proxectados na entrada do CT Sada e o seus contornos (expediente 310/08).

Actuación 2–Liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 302 m, con orixe no empalme sobre LMTS procedente do CT As Filgueiras (expediente 329/04), e final en empalmes na LMTS para realizar a entrada no CS e CT Supermercado Champion (expediente 86/03).

Actuación 3–Liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 131 m, con orixe en empalmes na LMTS procedente do CS e CT Supermercado Champion (expediente 86/03) e final en empalmes sobre LMTS para realizar a entrada no CT porto de Sada (expediente 65/99).

Actuación 4–Liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 163 m, con orixe en empalmes sobre LMTS na saída do CT porto de Sada (expediente 65/99) e final en empalmes sobre LMTS para realizar a entrada no CT Axudantía de Mariña (expediente 564/01).

Actuación 5–Liña de media tensión subterránea a 15/20 kV, cunha lonxitude de 213 m, con orixe en empalmes sobre LMTS na saída do CT Axudantía de Mariña (expediente 564/01) e final en cela de liña do CT Fontán (expediente 10.608).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta instalación está previsto que se execute nun prazo dun ano, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 110, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

A Coruña, 5 de setembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña