De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto foi adoptado polo instrutor.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa Fernández Ladreda, 43, 4ª planta, de Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.
Pontevedra, 8 de setembro de 2014
Luis Herrera Rodríguez
Instrutor
ANEXO
Expediente: PO-RES-2014/075.
Interesado: Sergio Fabián Salamone (Automecánica Sergio).
Acto notificado: proposta de resolución.